A Xunta recoñecerá os mellores proxectos de desenvolvemento sustentable nas zonas pesqueiras galegas, promovidos polos grupos de acción local do sector pesqueiro. Será no transcurso da gala da segunda edición dos Premios Economía Azul que se celebrará este venres a partir das 19:00 horas no salón de convencións do edificio Cinc da Cidade da Cultura
A Confraría de Noia finalista nos Premios Economía Azul na categoría de Apoio á Pesca Costeira Artesanal


