A desesperación dun home do lugar de Rianxiño na parroquia de Rianxo levouno a facer pública a súa historia e situación actual.
Trátase dunha nova vítima da crise económica, José Lesende, de 46 anos de idade, desempregado e cunha discapacidade auditiva do 35%.
Separado e pai de dous fillos aos que non ve dende fai 15 José busca espetertar a conciencia social dos empresarios do municipio para atopar Traballo e ensina o que dende fai cinco anos ven sendo a súa vivenda habitual.
Trátase dun garaxe da súa nai que o propio home tratou de acondicionar para vivir nas mellores condicións posibles. O gran problema deste galpón e que non conta cun baño, o que fai que este veciño de Rianxiño teña que defecar nunha bolsa de plástico ou ducharse cun pouco de auga que atopa nunha fonte próxima ao lugar.
Actualmente cobra unha paga de 435 euros pla súa invalidez permanente total, 150 dos cales van destinados á manutención dos seus fillos ademais de pagar os gastos de luz e a funeraria para a súa nai.
Cos cartos sobrantes e coa axuda de Amigos de Galicia José Lesende consigue sobrevivir con dificultades.
Ata o de agora estivo recibindo atención psiquiátrica e non estaba en condicións de traballar, sen embargo, na actualidade José Lesende atópase con forzas e esta activamente buscando Traballo, pero asegura que non atopa nada.
Este veciño fai un chamamento aos empresarios da comarca para poder poñerse a traballar canto antes porque esta situación se fai insostible.