Sin categoría

Luz verde á mellora da contorna da capela da guía cun investimento de 100.000 euros

O Executivo do Concello de Ribeira acordou destinar un total de 100.000 euros a unha nova actuación na parroquia de Carreira consistente na execución de melloras na contorna da Capela da Guía.

Actualmente, o entorno deste inmoble está pavimentado en formigón e atópase en mal estado, rexistrando fisuras e afundimentos polos que aflora vexetación indesexada e provoca que cando chove se produzan charcos que fan moi difícil o tránsito polo terreo circundante. Así mesmo, na parte oeste do recinto existe un camiño de acceso a varias vivendas que está pavimentado con zahorra, o que dificulta o paso dos viandantes nas estacións de outono e inverno; mentres que na parte leste hai un tramo de estrada que une o templo co parque das festas que carece de beirarrúas.

Así e logo, o obxectivo que persegue o proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais reside na mellora do entorno outorgando protagonismo ao tránsito peonil.

Salir de la versión móvil