Este domingo celébrase en Boiro a III edición da Andaina Solidaria contra o cancro que promove o equipo de Cimadevila Salud xunto coa colaboración do Concello de Boiro e outras entidades locais. As inscricións superaban as 2.900 persoas, procedentes de Boiro e de outros municipios da contorna.