Integrantes do BNG da Pobra do Caramiñal reuníronse esta mañá cos representantes da asociación de ex mariñeiros noruegos Long Hope para dar o seu apoio. Ramiro Ouviña, portavoz do grupo, asegurou que presentarán unha moción no vindeiro pleno de outubro onde instarán ao goberno local e aos demais partidos políticos da corporación a apoiar as reclamacións do colectivo.
O portavoz da asociación, Alberto Paz, asegura que o goberno noruego está a violar a acta europea dos dereitos humans ao non permitir que estas persoas cobren as súas pensión. Feito que define de crime social.
O portavoz anunciou ademais que este mes van presentar unha demanda antes os tribunais noruegos. Alberto cre firmemente que os mariñeiros van ganar o caso.
O presidente de Long Hope, Juan Manuel Lores, ve necesario que o goberno español presente unha demanda.
Arredor de 12.000 españois se ven afectados por esta problemática, 10.000 deles son Galegos.