Muros

As artistas consagradas LUZ PERAL e AÍDA LÓPEZ expoñen a súa NOSTALXÍA NA CASA DA CULTURA DE PORTO DO SON

A Casa da Cultura do Son acolle dende o comezo desta semana unha exposición de pintura titulada Nostalxia que vén da man das artistas amenenses Luz Peral e Aída López. Dúas persoas xa consagradas no mundo artístico e que presentan o seu Traballo en exposicións itinerantes ao longo de toda a xeografía galega.

Trátase dunha vintena de cadros que, na súa maioría, reflexan rostros humanos de direrentes puntos do planeta.

Ambalas dúas artistas comezaron a exponer o seu Traballo de forma conxunta polo parecido das súas pinturas.

As cores cálidas son o segredo da naturalidade da mostra.

Acollen un estilo figurativo e a súa maior inspiración son os sentimentos.

A inocencia dos máis pequenos tamén está representada nos cadros de Aída López.

Antes de chegar á comaca de Muros e Noia a obra de arte destas dúas mulleres pasao polo Hospital Lucus Augusti de Lugo e polo Comarcal de Monforte de Lemos. Parte da obra de Aída López estivo o pasado mes de agosto da casa de cultura de Portosín.

Esta exposición ocupará as paredes da casa da cultura sonense ata o vindeiro día 6 de novembro.

https://www.youtube.com/watch?v=a408nDS2754

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.