Sin categoría

RIBEIRA destina máis de 311.000 euros no saneamento dos lugares de SOBRIDO, carballo e meixe na PARROQUIA DE OLEIROS

O Concello de Ribeira procedeu á aprobación do proxecto técnico e do expediente de contratación das obras necesarias para a dotación de saneamento aos lugares de Sobrido, Carballo e Meixe, todos eles situados na parroquia de Oleiros.

O prezo de licitación ascende a un total de 311.144,74 euros e o prazo de execución son seis meses.

Os tres núcleos citados carecen na actualidade de rede de saneamento municipal, resolvendo os veciños a evacuación de augas residuais mediante fosas sépticas.

Salir de la versión móvil