O Concello da Pobra do Caramiñal vén de solicitar a delegación por parte da Administración Tributaria para que o goberno local sexa o encargado de levar a cabo inspeccións do Imposto de Actividades Económicas (IEA) nas empresas que facturan máis dun millón de euros ao ano.
Unha moción que foi levada ao pasado pleno celebrado no mes de setembro e conseguiu a apobación por unanimidade.
O alcalde asegura que xa se enviou o aviso por correo postal a tódolos empresarios do municipio para que poñan ao día as súas obrigas tributarias e regularicen cadensúa situación.
Esta idea nace do departamento de tesourería do concello que formulou a proposta no mes de agosto ao comprobar que cada vez se estaban a incrementar máis o número de instalacións no polígono pero a recaudación non variaba.
No caso de que a Administración delegue esta actividade ao goberno local, este servizo pasará a formar parte do Concello a partir do día 31 de novembro e será executado polo propio tesoureiro.
https://www.youtube.com/watch?v=yYGgyFoGLjI