RIBEIRA dará cabida este mes a un curso gratuíto de formación para persoas empregadas no servizo doméstico

A Fundación Humanismo e Democracia (H+D ONG) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Riveira e co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade vai desenvolver no noso municipio un curso gratuíto de formación básica para persoas empregadas no servizo doméstico.

De 30 horas de duración, o curso será impartido por un especialista do sector co obxectivo de dar a coñecer como levar a cabo os labores de limpeza da casa, lavado, secado e pranchado de prendas, etc… Terase moi en conta os aspectos que incidan no coidado dos pequenos e de persoas maiores.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.