O presidente de ACERGA, José Blanco, segue a defender o cerco e a criticar as medidas tomadas polo goberno autonómico.
Cabe destacar que a asemana pasada Rosa Quintana daba a coñecer a posibilidade de que o vindiero ano se reserve un 10% do Tac de anchoa para a flota galega, unha cifra que tal e como asegura José Blanco non concreta.
Tamén e certo que a conselleira do Medio Rural e do Mar advertiu, no parlamento que o reparto da anchoa realízase en base a criterios de capturas históricas e queda limitado por ser unha especie altamente migratoria, xa que a presenza nas nosas augas non era habitual nos últimos anos. Insistiu en que nos últimos 15 anos a descarga media anual nos portos galegos da zona IXa non acada as 45 toneladas, feito importante tendo en conta que as posibilidades asignadas para este ano ou para o anterior superaban as 50 toneladas. O presidente de Acerga pola contra non di o mesmo.
No caso da frota de cerco, Rosa Quintana destacou un bo reparto do xurelo e non tan bo na xarda, neste último caso debido ao pago dunha multa pola sobrepesca desta especie cometida en 2009 e 2010.
Jose Blanco incide, sen embargo que tan só queda unha semana de pesca pola limitación da cota.