Estivadores e redeiras do Barbanza acadan por fin un resultado polo que veñen coitando varios anos. Estes traballadores pasarán a cotizar polo réxime do mar, e non polo xeneral como facían ata agora. Este cambio legal entrará en vigor coa nova lei que regula o sector marítimo, e que xa foi aprobada no Congreso dos Deputados o pasado mes.
Na lei de portos estatal só se recoñecía aos empregados dos peiraos nacionais como traballadores do mar, polo que os estibadores dos autonómicos non tiñan esta distinción.
Sen embargo cabe destacar que o cambio de réxime non ten efecto retroactivo, polo que non se aplicará directamente aos anos xa traballados como estibadores ou redeiras.
Este cambio lexislativo fará que estes barbanceses conten cun coeficiente reductor de 0,3, polo que, si sumasen 30 anos de traballo, contarían cunha redución na idade de xubilación de 9.
Estivadores e redeiras cotizarán polo réxime do mar e contarán cunha redución na idade de xubilazión de 9 anos
Please login to join discussion