A Axencia Galega de Infraetsructuras denega a solicitude de Adolfo Muíños para sinalizar na autovía do barbanza a existencia do parque industrial e a gasolineira de Rianxo.
O alcalde do municipio aseguraba esta mañá que a Xunta estaba a tardar moito tempo en dar resposta a esta petición, pero finalmente e para a súa sorpresa chegou a semana pasada denegada.
Muíños asegura que dende a Xunta aluden a unha norma do ano 2004 onde se prohíbe sinalizar as areas industriais que non cheguen ás 252 hectáreas. Sen embargo Adolfo subliña que case ingunha area industrial da comarca ten esa amplitude e sen embargo estna debidamente sinalizadas.
Polo de agora aínda queda bastante chan industrial á venta. Hai sete parcelas compradas e cinco delas xa están ocupadas. Dende o concello lembran aos interesados a rebaixa fiscal posta en marcha.
https://www.youtube.com/watch?v=dR5kyiT8DEs