RIBEIRA da luz verde á elaboración do primero plan municipal de accesibilidade universal da COMARCA DO BARBANZA

Tal como avanzara o alcalde Manuel Ruiz na súa reunión coa asociación Ambar o pasado 17 de setembro, o Executivo do Concello de Riveira acaba de dar luz verde á elaboración dun Plan Municipal de Accesibilidade Universal para o Concello de Ribeira, despois de que na súa última xunta de goberno local se aprobase a disposición do gasto para a súa redacción, cunha contía de 21.598 euros (IVE incluído).

Trátase do primeiro traballo destas características que afronta unha administración municipal na comarca de Barbanza. Cómpre lembrar que a súa elaboración foi unha das propostas recomendadas polo PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), que define 46 actuacións a emprender de aquí ao ano 2021.

O novo plan avaliará o nivel de accesibilidade existente nos espazos e edificios públicos, nos transportes, na comunicación e nos servizos da administración pública, definindo as actuacións esixidas para adaptalos ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.