O Concello de Lousame convoca un Curso de Castañicultura Ecolóxica, no que o alumnado coñecerán as técnicas para levar a cabo o cultivo ecolóxico de castañas así como os coidados que requiren os castiñeiros. Un curso que pertence ao Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres 2015, subvencionado pola Deputación da Coruña, polo cal a asistencia é gratuíta.
Para a admisión terán preferencia as mulleres de Lousame, aínda que tamén se poden inscribir homes para o caso de non cubrirse as 20 prazas ofertadas.
https://www.youtube.com/watch?v=_QY6mnK4fe0