O 13 de outubro Noia acolle a 5º andaina da Ría das estrelas organizada por senda XXI e que desta volta se torna nunha andaina solidaria baixo o lema, “Lazos de Vida” en colaboración co Concello de Noia e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Un evento solidario coa Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame) e para o que xa están abertas as inscricións na web galitiming.com, no Concello de Noia ou no teléfono 981 84 21 00.
Noia sumérxese na campaña “Lazos de Vida” a prol da doazón de médula ósea


