O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego

A renovación na Xunta supón un novo impulso social, económico e territorial para abordar o novo contexto de crecemento. O porqué deste cambio segundo explicou o presidente galego, radica nun novo contexto en Galicia, que esixe novas políticas, novas actitudes e novos equipos. Un novo contexto ao que temos que responder intensificando a acción política en diferentes eixos.

En primeiro lugar, no eixo social, porque aínda que a crise comeza a ser pasado para algunhas persoas, aínda non é cousa pretérita para moitas galegas e galegos. Esas persoas deben saber que seguen a ser a máxima prioridade da Xunta de Galicia, e por iso, creamos unha nova Consellería dedicada con carácter exclusivo á política social e á atención daquelas persoas que ven a recuperación soamente nos xornais.
En segundo lugar, no eixo dos sectores primarios dividindo e reforzando as consellerias de medio rural e mar.
En terceiro lugar, no eixo económico e laboral, e por iso vinculamos organicamente a política de traballo coa de impulso económico.
E, finalmente, intensificar a acción política tamén no eixo territorial, porque tamén as infraestruturas e a ordenación do territorio deben ter un maior protagonismo. Despois de que nos últimos anos estas áreas se viran condicionadas polo esforzo de priorización das políticas ao que nos vimos abocados, agora cremos que é o momento de que teñan un rango máis destacado para o que queda de lexislatura.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.