Oito empresas da Barbanza presentan os seus productos en Conxemar, feira do conxelado que se celebra do 5 ó 7 de outubro en Vigo.

Lumar Seafood, Rotogal, Envases de Galicia, Congalsa, Paquito, Sálica, Mecal e Recho están presentes nesta edición da feira de conxelados que se desenvolve estes días en Vigo, alí presentarán os seus productos máis novidosos e tratarán de captar novos clientes.
A Feira que xa se gañou un oco no panorama internacional está organizada pola Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Productos da Pesca e Acuicultura.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá o acto de inauguración da Feira Internacional de produtos do Mar Conxelados Conxemar 2015. No evento, no que tamén participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, Feijóo agradeceu á feira a posibilidade de “mostrar ao mundo a nosa avanzadísima industria transformadora”. Unha industria transformadora e comercializadora dos produtos da pesca na que a Xunta leva investidos máis de 110 millóns de euros nos últimos seis anos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.