O Presidente Da Xunta Visitou Os Participantes No Campo De Traballo Hospitaleiros Do Camiño, No Programa De Voluntariado Melide No Camiño E No Campamento En Bicicleta Pola Natureza

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que nos últimos anos, a Campaña de Verán de Galicia, que promove a Xunta, se ten convertido nun “referente a nivel estatal”, tanto no que respecta ao número de prazas, que chega as 8.266, como na calidade das actividades ofrecidas, cun investimento de 2,3 millóns de euros. Unha iniciativa que, segundo explicou, inclúe tanto campos de traballo, como campamentos, intercambios con outras comunidades e actividades para maiores de 18 anos.

O mandatario galego visitou esta mañá aos mozos participantes no campo de traballo Hospitaleiros do Camiño, no programa de voluntariado xuvenil Melide no Camiño e no campamento En bicicleta pola natureza.

Feijóo explicou que no campo de traballo internacional Hospitaleiros do Camiño participan mozos procedentes de Galicia, doutras comunidades como Andalucía, Canarias ou A Rioxa, e mesmo doutros países como Turquía, Francia, a República Checa ou Rusia.

Paralelamente, a Xunta impulsa campamentos de verán, como o de En bicicleta pola natureza, que hoxe tivo a oportunidade de coñecer en Melide. Nel participan ao longo de todo o verán 180 mozos de entre 12 e 17 anos, que desenvolverán actividades para mellorar o coñecemento do medio natural, fomentar a cultura e promover a práctica de xogos e deportes.

http://youtu.be/96UDS5y3H9A

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.