Ante a insuficiente capacidade da rede de recollida de augas pluviais que amosa Boiro en días de fortes chuvias Boiro Novo propón ao concello a elaboración
dun plan de mellora da rede de pluviais co fin de evitar as Inundacións e o embalsamento de augas en determinados puntos. Afirman dende Boiro Novo que nos días de forte choiva as inundacións xeran contratempos e mesmo danos en vivendas e comercios, aos que lles entra a auga; así como numerosos inconvenientes a vehículos e viandantes que se desprazan pola vía pública.
Por todo iso dende a Asemblea Cidadá Boiro Novo queremos achegar a proposta ao concello para que elabore un plan de mellora da actual rede de recollida de augas pluviais sobre todo no casco urbano Boiro e nos núcleos de Escarabote e Cabo de Cruz. Así mesmo instamos tamén a que se faga o correcto mantemento da rede xa existente e sobre todo de modo preventivo en aqueles puntos mais conflitivos cando os servizos meteorolóxicos prevexan posibles alertas por abundantes precipitacións.