martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Galicia pechou o mes de setembro cun total de 215.737 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 0,94 por cento con respecto ao mes anterior (+2.005 persoas).

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, puxo hoxe en valor o comportamento interanual do paro rexistrado en Galicia, posto que xa se acumulan case dous anos de descensos interanuais consecutivos. En concreto, esta é a vixésimo terceira baixada. Así, este setembro o paro descendeu en 22.466 persoas (-9,43%) con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón a segunda maior baixada interanual dun mes de setembro de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.

En España, o desemprego aumentou en 26.087 persoas, un 0,64 por cento, ata situarse nos 4.094.042 parados. En termos interanuais, o paro en España diminuíu nun 7,95%, polo que Galicia sitúase por riba da media estatal nesta evolución.

Por sectores, o aumento do desemprego mensual concéntrase exclusivamente no sector servizos (+3.260), debido ao remate da tempada estival, mentres que descende nos restantes. Destaca especialmente o bo comportamento da construción (-753) e da industria (-357), sectores que non están tan condicionados polo final do verán. Tamén baixa no colectivo sen emprego anterior (-73) e na agricultura e a pesca (-72).

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.