O alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños deu conta das obras de mellora que se están a realizar no mercado municipal co fin de evitar humidades e mellorar as condicións de traballo dos praceiros e tamen facilitar as compras ós usuarios. Cunha subvención da dirección xeral de comercio da Xunta e un presuposto que se achega ós 50.000 euros tratan de solventar varios problemas que afectaban o mercado municipal relacionados coa filtración de chuvias.
Por outra banda dende o concello tratan de dar saída os 4 postos que todavía están sen adjudicar para potenciar as vendas na praza , agardáse que esta actuación remate nas vindeiras semanas.
Na mesma liña de acondicionar espazos o rexedor rianxeiro destacou as labores que se están a realizar na escola infantil, tratando de solventar problemas de humidades nalgunhas zonas destas dependencias.
Con cargo o concello a obra vai permitir a mellora da calidade do servizo.