A Cruz Vermella en Boiro conmemorou este xoves 1 de outubro o Día Internacional das Persoas Maiores

A Cruz Vermella en Boiro conmemorou este xoves 1 de outubro o Día
Internacional das Persoas Maiores ca celebración do Terceiro certame do día
do maior. Este ano coa elección do título “Construíndo unha vellez máis
activa” fixeron fincapé na promoción do envellecemento activo,a
través de diferentes actuacións, que abranguen tres áreas fundamentais que
definen a base do certame a prevención, saúde e autonomía.
As actividades realizadas consistiron nunha charla formativa sobre “Prevención de accidentes no fogar”.
Buscaron asi o fomento nos maiores de actitudes básicas para evitar este
tipo de risco con gran incidencia nas persoas de idade.
Púxose en escea tamén a representación da obra de teatro “Un mar de mulleres” representada polas usuarias dos Talleres de Memoria que dende a Cruz Vermella se veñen impartido nas diferentes parroquias do municipio Boirense.
O broche final correu a cargo do grupo de música tradicional “A dorniña de
Abanqueiro” .

https://www.youtube.com/watch?v=6OvStbHXvFs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.