O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos hoxe os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018, que mostran a consolidación da lingua galega como idioma maioritario de Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez compareceu esta mañá ante os medios para valorar os resultados. O conselleiro cualificounos de “positivos”, por canto é a primeira vez, desde que en 2003 se comezara a publicar este estudo, en que medra o número de persoas que fala o galego de maneira habitual.
https://www.youtube.com/watch?v=y5iG0y8VLco