Con motivo do seu 25 aniversario a Asociación Antidroga Renacer de Riveira puxo en marcha unha xornada baixo título “25 Anos na prevención”.
O obxectivo desta xornada é reflexionar sobre o realizado ata a actualidade no campo da prevención das drogodependencias e brindar un espazo onde aportar e construír novas propostas de actuación, facilitando a participación e proximidade de entidades, profesionais, persoas voluntarias e de todos os interesados neste campo, co ánimo de contribuír á consolidación dunha sociedade cada día más saudable.
A xornada dirixida a profesionais do ámbito da prevención das drogodependencias, institucións e asociacións celebrouse hoxe na Aula do centro cultural Manuel Lustres Rivas (Riveira), no acto participaron entre outros, o alcalde de Riveira Manuel Ruiz, o Comisionado do Plan Autonómico de Drogas, Jorge Suanzes, e a presidenta de Renacer , María Gonzalez.