Esta semana déronse por concluídas as obras de Saneamento nos núcleos de Eiravedra, Puilla, Resúa e Loreto.
Unhas obras están financiadas na súa totalidade pola Deputación da Coruña, mediante un convenio nominativo firmado polo concello sonense e o ente provincial o pasado mes de abril.
O importe total da inversión ascende a 128.800 euros e dará servicio a uns 300 veciños.
Con esta obra, o Concello de Porto do Son da resposta a unha demanda veciñal e da por cumprido o compromiso da súa execución despois de que fora rechazada de forma reiterada por parte da oposición a inclusión da mesma no Plan de Aforro e Investimento (PAI 2015). Naquel momento, o proxecto non se pudo levar a cabo polo voto en contra da oposición que ostentaba a maioría absoluta do pleno.