Esta mañá deu comezo a campaña do libre marisqueo na Ria de Arousa, os pronósticos albiscaban unha pésima campaña ata o punto en que se barallou a posibilidade de mantela veda. Finalmente e tras varias xuntanzas con representantes da consellería de mar e os pósitos arousáns a campaña abriu este un de outubro, máis tras a primeira xornada de Traballo os mariscadores alertan da escasa producción dos bancos marisqueiros. Malia que neste primeiro día de Traballo non todos lograron coller os topes e advirten que a situación será máis dura en tres ou catro semanas.
En Ribeira os mariscadores traballaron nas zonas do sinal, Sálvora e O Carreiro, onde a metade dos productores colleron o tope, malia haber moita corrente que dificultou o Traballo. O patrçon Maior de Ribeira xose Antonio Pérez destacaba que a situación é como se agardaba. Asi agarda que a campaña nesta zona se prolongue ata decembro. Peor foi a situación no resto da Ria.
No Bodión, en Boiro,