Cando fallan os sectores básicos dun pobo a situación repercute en todos os sectores, asi o afirma o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, vendo o camiño que leva o libre marisqueo e sen medidas paliativas para as familias que viven deste sector. En Rianxo xa teñen comprobado como a economía da vila se resinte cando un sector vai mal, así se ve3u coa crise do xeito e tamén co mexilón, a maquinaria da economía dunha vila falla cando unha peza se para. En Rianxo traballan no marisqueo arredor de 45 embarcaci´çons e preto dun cento de mulleres a pe.
Dada a situación do sector Muíños súmase ás críticas dos productores e dos patróns maiores hacia a administración, pedindo medidas que mellaren a situación de cara a anos vindeiros, e tamén algunha medida para afrontar o presente.
O alcalde de Rianxo afirma que estará do lado da súa xente ante o que poida vir.