O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apuntou hoxe que o Consello vén de aprobar o Anteproxecto de Lei de Acuicultura co fin de relanzar esta actividade na Comunidade, simplificar o seu desenvolvemento e garantir que se faga con respecto ao medio. O presidente do Goberno galego fixo fincapé na necesidade desta Lei para completar o marco normativo ao que se lle leva dando forma nos últimos anos e que está constituído xa por unha Estratexia Galega de Acuicultura e un Plan Director de Acuicultura Litoral, inicialmente aprobado. Nesta liña, matizou que esta Lei específica suporá regular “con intensidade e seguridade xurídica” esta actividade nun único texto, xa que ata agora a súa regulación recollíase ou ben en normas de menor rango -algunhas delas con máis de 10 anos de antigüidade- ou entre o articulado doutras leis, como a Lei de Pesca.
O Consello aproba o Anteproxecto de Lei de Acuicultura co fin de relanzar esta actividade en Galicia, simplificar o seu desenvolvemento e garantir que se faga respectando o medio.
Please login to join discussion