O Concello de Noia está a rematar hoxe as tarefas de limpeza a fondo da Alameda noiesa, realizadas cun vehículo especial de auga a presión. Uns traballos realizados esta semana aproveitando a ausencia de actividades programadas neste espazo e que estarán rematadas xusto antes da Marcha contra o Cancro deste sábado.
O Concello de Noia acomete unha limpeza a fondo e desinfección da Alameda e outras zonas da vila


