O Concello de Lousame informa do aprazamento da XIII Homenaxe a Prudencio Romo, prevista inicialmente para mañá sábado 21 de setembro ás 19:00 horas no campo da festa de San Roquiño (Tállara-Lousame).
https://www.youtube.com/watch?v=yJ-o7WD32pE
Un aprazamento acordado canda a Banda de Música de Lousame e a Asociación Prudencio Romo diante das malas previsións meteorolóxicas, que dan un 90% de posibilidades de forte choiva para as horas do concerto, e tras descartar a posibilidade de trasladar a celebración ao auditorio da Casa da Cultura. Nos próximos días, Concello, Banda de Música e Asociación Prudencio Romo anunciarán unha nova data para homenaxear a uns dos referentes da música de Lousame e de Galicia.