Adxudicada a pavimentación e renovación de pluviais en dous vías do polígono industrial de xarás

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha pavimentación e renovación de pluviais de dous viais no polígono industrial de Xarás.

A empresa que obtivo unha mellor clasificación foi Canarga, SL. O importe da actuación ascende a un total de 54.699.01 euros, IVE incluído.

As vías obxecto da actuación están na actualidade bastante deterioradas, rexistrando importantes baches e zonas disgregadas.

O prazo de execución da obra é dun mes e medio.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.