Este investimento, que se canalizará a través dunha orde específica de axudas que hoxe recibiu o visto e prace do Consello da Xunta, suporá un salto cuantitativo e cualitativo no impulso do que son os maiores axentes científicos de Galicia nestes momentos, conformados por cinco centros singulares de investigación e dúas agrupacións estratéxicas consolidadas do ámbito da intelixencia artificial, das TIC, da química e materiais, da biomedicina e das ciencias do mar. Asemade, a esta convocatoria tamén poderá concorrer o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto Xunta de Galicia-USC, único de Galicia que conta coa acreditación María de Maeztu do Estado.
https://www.youtube.com/watch?v=AUmQaYp8lyw