A Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez deu conta esta mañá sobre o caso das catro mulleres de Noia, vítimas de violencia de xénero que quedaron sen o permiso para o marisqueo.
Unha delas aseguraba fai 20 días que cando saiu a concurso a convocatoria non reflectía nas súas bases ningunha praza para as persoas en situación de vulnerabilidade.
Susana Rodríguez explicaba esta mañá que o que elas alegan sepárase do que está contemplado na normativa.