Sin categoría

A facturación das descargas de berberecho na LONXA DE NOIA medrou nun 40% en relación ao ano pasado

A facturación das descargas de berberecho na lonxa de Noia medrou nun 40% en relación ao ano pasado. Estes datos fan referencia aos 8 primeiros días de campaña marisqueira, nos que a lonxa de Testal recibiu preto de 377 toneladas de berberecho, o que supuxo un valor económico duns 3 millóns de euros. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita á lonxa, na que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez e polo patrón maior de Noia, santiago Cruz.

Salir de la versión móvil