A Concellería de Deportes do Concello de Lousame vén de abrir o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2015-2016, nas que oferta un total de oito modalidades deportivas. A oferta inclúe fútbol sala, voleibol, bádminton, tenis, tenis de mesa, baloncesto, psicomotricidade e predeporte.
O Concello de Lousame mantén o mesmo prezo que anos anteriores: 12 euros por cada curso escolar. As actividades terán lugar no CPI Cernadas de Castro en horario de 13:30 a 15:30 horas. Máis información e inscricións na Oficina de Deportes do Concello de Lousame.