O Concello de Boiro iniciou esta mañá as obras de ampliación e mellora do ximnasio da Piscina Municipal, unha actuación moi necesaria e demandada polo número expoñencial de usuarios que ten a instalación. O proxecto contempla duplicar o tamaño do existente, chegando case aos 200 metros cadrados, e facelo con criterios de sostibilidade ambiental e redución de consumos enerxéticos.
https://www.youtube.com/watch?v=hIbgYcLS81o