Porto do Son acollerá este sábado a 5º troba da Liga Galega de Raid de Orientación. Un evento organizado pola asociación deportiva e cultural Arnela e o Concello de sonense.
A apertura da secretaría será ás 9.00 horas e a saída en masa dos participantes disputarase ás 10.00 horas.
Trátase dun evento no que se van practicar varias disciplinas e onde hai dúas categorias, a élita ea de aventura. Dende o concello aseguran que poderán participar arredor de 180 persoas.
O prazo de inscrición remata ás 22.00 horas de mañá. Os interesados aínda poderán facelo a través da plataforma tracktherace.
A cota de inscrición por equipo é de 54 euros.
https://www.youtube.com/watch?v=CgNjm05sVaw