O alcalde Manuel Ruiz saíu esta mañá con destino á costa leste dos Estados Unidos co fin de participar na entrega da Medalla de Honor da Emigración que o Goberno de España ten previsto entregar mañá sábado ao palmeirán Anselmo Millán, concelleiro da cidade de Harrison, en New Jersey.
O rexedor municipal foi requirido pola Dirección General de Migraciones dependente do Ministerio de Emprego y Seguridade Social para tomar parte neste evento dada a forte presenza de poboación do noso concello en lugares como Harrison, Newark ou Nova York.
Precisamente servirá tamén para celebrar o 75º aniversario da Casa de Galicia en Nova York (outro acto previsto para mañá). Tamén aproveitará para visitar outros centros galegos antes de emprender o regreso este domingo.
https://www.youtube.com/watch?v=iOrjLR595ts