O Concello Sectorial de Pesca de Ribeira mantivo esta mañá unha reunión ordinaria na que se trataron diversos temas de interese para o noso sector do mar.
Un deles tivo que ver co libre marisqueo. A este respecto, o órgano representativo aprobou prestar o seu apoio cara a reivindicación dun novo modelo de xestión do libre marisqueo de acordo coas pretensións das nosas confrarías.
A xuntanza estivo presidida polo alcalde Manuel Ruiz e contou entre otros coa participación dos voceiros de todos os grupos municipais, os patróns maiores de Aguiño e Ribeira, o administrador da lonxa municipal e representantes do sector do arrastre.
https://www.youtube.com/watch?v=4TerNPLalyg