O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe o traballo que está a realizar a industria galega do conxelado por ampliar a súa gama de produtos incorporando a investigación, desarroio e innovación ás liñas de procesado. Así o manifestou hoxe durante unha visita ás instalacións da empresa de precociñados conxelados de peixes e mariscos Congalsa, que é un exemplo, dixo, de como a industria que innova medra e evoluciona.
O mandatario galego sinalou que Congalsa é unha peza clave dun sector estratéxico para a economía de Galicia, formado por máis dun centenar de empresas que xeran 8.000 postos de traballo e acadan unha facturación global superior aos 2.100 millóns de euros.
https://www.youtube.com/watch?v=uhk45S0pCS4