Juan José Dieste respondeu esta mañá ás críticas que o grupo político Boiro Novo proferiu contra o seu goberno o pasado luns.
Dores Torrado e Xurxo Triñanes, integrantes de Boiro Novo denunciaban a contratación do exedil do PP da Pobra Andrés Millán López no Concello de Boiro.
Aseguranban que Millán ocupa o cargo de capataz da brigada de obras sen coñecer o municipio e tras saltarse un proceso limpo.
Este crítica ofendeu ao goberno de Dieste quen quixo dar a cara fronte aos medios para defender a súa gobernabilidade.
Dieste asegura que a actual lexislación non permite contratar a novo persoal e polo tanto o seu goberno decidiu cubrir este posto con alguen de confianza.
DIESTE asegura que as circunstancias personais de DORES TORRADO poñen de manifesto que “SE TIVESE DIGNIDADE E ÉTICA NON SE PRESENTARÍA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS”
Please login to join discussion