Miles De Persoas Seguen Tv27barbanza.com Dende New Yersey Ata Ás Augas Do Pacífico

A televisión online TV27Barbanza.com acadou un total de case 210.000 visitas en tan só seis meses de vida coa que conta a nova web da comarca.
España, EE.UU e China van en cabeza polo número de visitas.
Os países europeos que máis visitaron a nosa televisión online foron Reino Unido, Francia e Ucrania, este último recordamos que está a vivir unha situación de tensión con Rusia que se ven incrementando nos últimos meses e que deu titular á traxedia do avión derribado Malaysia Airlines cun total de 295 fallecidos.

Por outro aldo Argentina, Brasil e Chile, respectivamente, son os países latinoamericanos máis asiduos á televisión desta comarca.

Non podemos esquecer ao contenente africano, que sorprendeu ás enquisas cunha porcentaxe elevada onde case medio milleiro de persoas esta a seguir a actualidade coa TV Barbanza. Sudáfrica, Argelia e Egipto son os países africanos que máis seguen a televisión.

Dende dentro queremos agradecer aos nosos seguidores a vosa fidelidade.
Sen vos nos se podería ter feito.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.