Sin categoría

Feijóo Salienta A Contribución Da Rede Pexga A Elevar A Orientación Internacional Das Empresas Galegas, Cuxas Exportacións En 2014 Medran Case O Triplo Que A Media Estatal

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe a contribución da Rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia, Pexga, a elevar a orientación internacional das empresas galegas, cuxas exportacións no que vai de 2014 medraron case o triplo que a media estatal. O titular do Goberno galego avanzou, ademais, a posta en marcha dun Plan das Exportacións 2015-2016, acordado co sector, para aglutinar todas as iniciativas e programas destinados a incrementar a presenza dos produtos e servizos galegos nos mercados foráneos.

Anunciou que a Consellería de Economía e Industria está a preparar o Plan das Exportacións de Galicia 2015-2016, e ten previsto debatelo nun foro coas empresas con maior porcentaxe nas exportacións galegas, así como coas cámaras de comercio, e posteriormente presentalo e poñelo en marcha.

Salir de la versión móvil