Un total de 660 persoas participarán mañá sábado na XXIII Carreira Nocturna de Noia

A Policía Local de Noia lembra que por mor da celebración da carreira estará prohibido aparcar, a partir das 19:00 horas de mañá sábado, na marxe esquerda da rúa República Arxentina, na rúa Malecón de Cadarso, na rúa Corredoira (á altura da Ponte de Traba) e nas inmediacións da ponte peonil de madeira que une o Espírito Santo coa zona de San Lázaro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil