A NOIESA ROSANA CALVO recolleu o premio RAMIRO CARREGAL NOS ATLANTE DE GRAVADO

O Museo do Gravado de Artes acolleu o sábado a sexta edición dos Premios Internacionais Atlante: unha cita que serviu así mesmo para abrir unha mostra na que se recolle unha selección de 68 obras entre as máis de 230 presentadas a estes prestixiosos galardóns, orixinarias dunha ducia de países.

O acto contou coa participación de membros do padroado da fundación Museo de Artes como Ramiro Carregal Rey, presidente de Frinsa; José Silveira, presidente de Remolcanosa; ou os vicepresidente e presidente da entidade, Javier Expósito e Manuel Ruiz. En representación da Xunta de Galicia acudiu Valentín García, secretario Xeral de polícita Lingüística. E tamén estiveron presentes numerosos artistas da contorna e moitos veciños que se animaron a presenciar esta celebración anual.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.