O Concello de Noia, en colaboración con Zumba Noia, organizan este domingo 1 de setembro, ás 20:30 horas, unha master class de zumba na alameda de Noia. Un evento que foi presentado polas concelleiras de Deportes, Laura Salgado, e Ensino, Mariola López Cierto, canda Luís González Blanco, un dos instrutores que participarán na xornada.
A Alameda de Noia vai a acoller este domingo 1 de setembro unha master class de zumba que estará aberta a toda a veciñanza


