O obxectivo da XVIII CARREIRA POPULAR SANTA UXIA 2015 que se disputa o día 27 deste mes é superar o milleiro de persoas

O municipio ribeirense volverá acoller unha edición máis da Carreira popular santa Uxia 2015 Concello de Ribeira.
Un evento que terá lugar o vindeiro domingo 27 de setembro a partir das 11.00 horase que formará parte do Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas estarán supervisadas pola Federación Galega de Atletismo.
O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asegurou que se trata dunha carreira xa consolidada na Comunidade Autónoma e que cada ano xunta a un número maior de participantes.

https://www.youtube.com/watch?v=z_KyQKbQPvs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.