As protestas dos comerciantes na feira artemar levan ao BNG a presentar novas iniciativas no concello

O BNG de Ribeira vai presentar unhas iniciativas no concello co fin de mellorar a organización de eventos de cara ao futuro. Este proxecto xurde dunha serie de queixas por parte dos comerciantes nesta última edición da Feira Artemar.

O BNG denuncia unha excesiva instalación de postos artesanais no tramo peonil da rúa de Galicia que fixo que tapasen os comercios locais o que perxudicou gravemente as vendas.

Pola súa banda os comerciantes da rúa Rosalía de castro e da outra parte da rúa peonil de Galicia comprendida entre Praza Compostela e a Praza da Igrexa queixáronse de que alí non había ningún posto nin actividades.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.