O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular vén de presentar unha moción para a súa inclusión a debate na vindeira sesión plenaria sobre a reconstrución da antiga presa de pontebarbanza para abastecemento do muíño museo-local social. O PP propón á corporación a adopción dun acordo para incluir unha partida para a recostrución da presa nos orzamentos do ano 2016.
É importante destacar que non se trata dunha obra de nova construción, senón dun acondicionamento da presa que xa existe, en estado ruinoso por mor da subtracción dunha importante cantidade de pezas é polo almacenamento natural que se produciu a causa das actuacións que afectaron a súa estabilidade.
https://www.youtube.com/watch?v=je-1MLASTTg