A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a praza de abastos de Rianxo, unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local no que se van realizar melloras por parte do Concello, ao que a Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha axuda de máis de 33.000 euros. As actuacións previstas céntranse na reparación das filtracións que se producen na actualidade no acceso ao mercado municipal pola praza pública.
A XUNTA destina unha partida de 33.000 euros para a reparación das filtracións no MERCADO MUNICIPAL DE RIANXO
Please login to join discussion